Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezan os Mércores de Natureza no Vicedo

O Vicedo, 5 de xullo, 2021. O vindeiro mércores 7 de xullo ás 16:30h na praia de Arealonga iniciase unha nova edición dos Mércores de natureza. Trátase de mostrar os recuncho do noso municipio e da comarca dunha forma tranquila, en sendeirismo, kayaks ou mesmo combinando as dúas actividades. Neste mes de xullo iniciaremos este mércores 7 cunha actividade na praia onde os participantes poderán descubrir as praias en kaiak ou en táboas de Padle SUP. Ao tratarse da xornada de presentación, terá un prezo especial de 10€ por persoa e será realizada pola empresa Actividades Estaca.

Os mércores de natureza veñen de ser galardoados no ano 2020 pola
Deputación de Lugo como unha iniciativa turística a destacar dentro da provincia e neste mes haberá varias actividades como unha ruta de
sendeirismo nocturna o mércores 14, unha ruta de kayaks polo entorno da Praia de Abrela o mércores 21 e unha xeoruta por San Román e Xilloi o mércores 28 de agosto.

As inscricións para participar nas actividades deberán realizarse no
teléfono 982 59 01 95 ou no mail turismovicedo@gmail.com

Exit mobile version