Viveiro, 6 de xullo, 2021. O BNG de Viveiro presenta para o vindeiro pleno do 7 de xullo
Mocións:
. Propoñemos habilitar lugares para cans en praias e zonas verdes de Viveiro contando coa colaboración veciñal para a escolla das localizacións e o acordo das normas de convivencia.
. Solicitamos retirar o enreixado que vai dende Lodeiro a Celeiro e aproveitar esta zona para crear aparcamentos e un carrilbici que una Viveiro con Celeiro.
. Ademais da recollida da sinaturas que fixemos o pasado xoves, presentamos esta moción para beneficiar aos territorios produtores de enerxía eléctrica e o abaratamento da mesma para toda a sociedade e empresas da Galiza.
Rogos e preguntas:
. Preguntamos a María Loureiro se realizou algunha xestión para favorecer á creación do terceiro xulgado en Viveiro onde soportan unha carga de traballo do 180% e a veciñanza meses de espera para resolver calquer proceso xudicial.
. Segue sen avances visíbeis a moción do BNG, aprobada hai ano e medio, para poder utilizar solares privados de Covas como aparcadoiros públicos, polo que preguntaremos que xestións fixeron ao respecto.
. Solicitamos información sobre o servizo subcontratado para actuar contra a Velutina tales como cláusulas, actuacións, custe do servizo así como o traballo desenvolto ou que ten pensado facer o Goberno Municipal.
. Voltamos preguntar que criterios emprega o Goberno de María Loureiro para conceder subvencións, tras as repetidas evasivas por contestar e tras votar en contra da moción para un reparto de fondos municipais xusto e equitativo.