Site icon Crónica3.com A Mariña

Inicia estes dias o rebacheo nalgúns dos puntos máis conflictivos das parroquias da costa e interior de Ribadeo

Ribadeo, 7 de xullo de 2021. O Concello inicia estes días o rebacheo nalgúns dos puntos máis conflitivos tanto das parroquias da costa como nas do interior, segundo ven de dar a coñecer Marcos Villamil, o edil de Medio Rural.

Villamil explicou que “dende o goberno de Ribadeo somos conscientes do estado de conservación de moitos camiños e estradas municipais. Sabemos que un concello tan grande como o noso, de máis de 100 quilómetros cadrados, ten centos de quilómetros que necesitan dunha conservación”.

O concelleiro ribadense dixo que “nestes últimos anos estamos actuando en todas as parroquias coas novas técnicas de aglomerado asfáltico, cun resultado moi bo, pero é certo que aínda quedan moitos máis por arranxar. Ao longo deste ano temos previsto licitar outra serie de actuacións de arranxo integral de camiños municipais”.

Marcos Villamil engadiu que “mentres nestes días estamos empezando a rebachear nalgúns puntos máis conflitivos, tanto nas parroquias da costa como nas do interior. Estas actuacións municipais aliviarán a situación en tanto non actuamos de xeito integral, tal e como estivemos a facer nestes últimos anos”.

Os traballos foron supervisados polo alcalde, Fernando Suárez, e polos concelleiros de Obras e Medio Rural, Mónica Freire e Marcos Villamil.

Exit mobile version