O director do centro, Isidro Berdeal, explica que o Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas “leva moitos anos implantado no CIFP Porta da Auga, habendo gran demanda por parte do tecido empresarial da comarca para a colocación do alumnado que cursa este ciclo. Sen embargo agora mesmo temos moi pouco alumnado interesado en cursalo, co conseguinte risco de que quede suprimido da oferta educativa do CIFP Porta da Auga, o que sería unha mágoa porque neste centro tamén ofrecemos a posibilidade de continuar estes estudos cun ciclo superior da mesma especialidade. Os requisitos de acceso son os habituais para un ciclo medio: unha titulación de Secundaria, ter superada a proba de acceso a ciclos medios ou ter estudos superiores a estes”.
Isidro Berdeal engade que “agora mesmo as prazas están liberadas polo que a xente interesada pode presentar a solicitude ata este venres, 30 de xullo”.
Os que queiran máis información sobre este Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas poden pasar polo CIFP Porta da Auga ou chamar ao teléfono 982.12.88.94.