A presentación da obra terá lugar o vindeiro sábado día 3 de xullo ás 19:00 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lorenzo de Ferreira do Valadouro, e será presentado por Lionel Rexes, membro da Xunta Directiva do SEVA.
O acto contará coa actuación musical do “Cuarteto Tradicional Illa Pancha” a través do programa Musiqueando 2021 da Deputación Provincial de Lugo.
O presidente do SEVA, Xabier Pardiñas, indica que “ao longo do ano temos previsto continuar coa difusión das nosas obras”, recordando que teñen en preparación “outros tres cadernos de diferente temática”.
Tanto o novo caderno como o resto da colección, pódense adquirir nos puntos de distribución habitual de Alfoz, O Valadouro, Foz, Burela e Mondoñedo, ou a través de calquera membro da actual Xunta Directiva do SEVA. O caderno distribuirase tamén por bibliotecas, institucións e outros colectivos, “para podelo achegar ao maior número de xente posible” indica Pardiñas.