Ribadeo, 12 de xullo de 2021. A Concellaría de Deportes valora de xeito positivo a celebración en Ribadeo do 5 ao 10 de xullo do campus de fútbol do Atlético de Madrid. O edil Jorge Díaz Freije amósase satisfeito da elección desta vila para levar adiante esta actividade na que participaron 70 nenos e nenas e agradece a colaboración da SD Ribadeo.
O concelleiro de Deportes declarou que “desde a Concellería de Deportes estamos satisfeitos de que Ribadeo fose elixido para a celebración deste campus do Atlético de Madrid que estivo dende o 5 ata o 10 de xullo. Houbo a colaboración moi importante da SD Ribadeo que hai que estimar porque mesturáronse os adestradores que eles trouxeron cos da SD. Ademais queremos dar as grazas aos pais e ás nais que puxeron o empeño para que estes nenos participaran”.
Jorge Díaz subliñou que “é un campus que promoveu valores como a solidariedade, o compañeirismo e a igualdade. Creo que estamos necesitados cada vez máis deste tipo de comportamentos a través do deporte”.
O edil ribadense engadiu: “quero salientar que se divertiron e que foi unha actividade, ademais de para o coñecemento do mundo do fútbol, lúdica e que o pasaron ben esta semana en Ribadeo”.