Facilitáronse neste proceso tamén composteiros ao CEIP O Cantel, ao CEIP Fondo Nois, e IES de Foz asi como ao Colexio do Pilar e agardamos que o vindeiro curso escolar poda iniciarse o seu uso nos centros de ensino, cerne do futuro da reciclaxe coa sensibilización das futuras persoas usuarias.
En todo o proceso realizáronse achegas para o material para facer, delimitar e sinalizar a zona de compostaxe. así como o soporte de formación para usuarixs e seguimento de bo uso por parte dunha empresa, tanto dos individuais, como os dos colexios e a zona comunitaria cun Proxecto subvencionado ao abeiro das axudas cofinanciadas pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Actualmente estase á espera dunha trituradora de podas para fornecer de material estructurante aos usuarios da zona comunitaria, pecharíase así o ciclo de reutilización tamén de poda.
Agardamos dar continuidade a un proxecto de futuro para unha mellor xestión do lixo, un proceso limpo, ecolóxico, que fará que os centos de kilos de materia orgánica que xeramos en cada casa nun ano, evitemos que pasen ao camión do lixo; non van ir en tren ou camión a Sogama, e non se van incinerar. Polo tanto eses residuos non van producir contaminación no país e vanse aproveitar para xerar enriquecemento do solo. En suma estamos falando so de ventaxas, ista é a filosofía esencial da compostaxe doméstica e comunitaria.
A zona comunitaria comezou a funcionar o 11 de xuño, na foto parte dxs participantes da iniciativa e a técnico que deu a formación.