Aínda que por tradición sempre foi máis celebrada a festividade de San Roque, dende o goberno municipal quérese facer unha mención especial a esta data e desexar unha boa xornada aos seus veciños e veciñas. Por segundo ano consecutivo, como consecuencia da pandemia, este ano tampouco se poderá celebrar esta festividade coa tradicional celebración relixiosa que se adoita a facer coa presenza da corporación municipal.