Site icon Crónica3.com A Mariña

Educación vial para xs nenxs participantes no Ludiverán de Alfoz

Durante esta semana xs nenxs participantes no Programa Ludiverán – Xogando en Igualdade que se está a desenvolver no Concello de Alfoz coñeceron de primeira man, a través dunha formadora de Educación Vial da Dirección Xeral de Tráfico de Lugo, as normas básicas de circulación que deben ter en conta tanto cando son peóns como cando empregan as súas bicicletas, patinetes, skates, etc. E sobre todo a empregalos con responsabilidade e coas medidas de seguridade necesarias, principalmente o casco. Ademais tamén aprenderon a importancia de empregar chaleco reflectante en determinadas circunstancias para evitar posibles atropelos.

Exit mobile version