Ás 00,00 horas do sábado 31 de xullo entrarán en vigor as novas restriccións establecidas pola Xunta de Galicia para o Concello de Viveiro. Á espera da publicación da Orde correspondente por parte da Consellería de Sanidade, prevese que estas medidas afecten, entre outras cuestións:
– O aforo no interior dos servizos de hostalería e restauración en bares, cafeterías e restaurantes redúcese ao 30 %, manténdose o aforo do 50% nas terrazas.
– O ocio nocturno pechado.
– A prohibición de realización de actividade deportiva non federada en instalacións pechadas.
– A obrigatoriedade de presentar unha proba de inmunidade para acceder dentro dos locais de hostelería.
– A prohibición de reunións de non conviventes entre as 1:00 e 6:00 horas.
– As reunións entre non convivientes limítanse a un máximo de 10 persoas ao aire libre e a un máximo de 6 persoas no interior (se a reunión se produce dentro do mesmo grupo de convivientes ou entre un máximo de dous grupos poderanse superar estos límites)
En todo caso, cómpre esperar á publicación da nova orde para coñecer en detalle as medidas concretas a aplicar.