O circuíto de seguridade vial transformou este martes por completo a Praza dos Campos e a contorna do Parque Reina Sofía, adecuados con semáforos, pasos de peóns, rotondas e todo tipo de sinais de tráfico para que os pequenos, a bordo dos Karts, ademais de pasar unha mañá do máis divertida, tomaran conciencia da importancia de respectar as normas de tráfico adquirindo os hábitos adecuados relacionados coa seguridade viaria, para que así participen do tránsito dun xeito activo e máis responsable, tal e como precisou a edil de Educación, Dolores García Caramés. A actividade está incluída no programa de actividades de verán do Concello de Cervo.