Viveiro, 6 de xullo de 2021. O Concello de Viveiro quere conmemorar a súa tradicional feira renacentista. Aínda que non poderá celebrarse como se merece pola pandemia do coronavirus, a corporación local anima aos veciños e veciñas a recuperar a esencia deste evento.
Por iso, o concello quere que este próximo fin de semana, días 10 e 11 de xullo, os veciños se vistan cos seus traxes renacentistas para saír a pasear e facerse unha foto co hashtag #viveirorenace
Despois, hai de prazo ata o día 13 para enviar as fotografías ao 676 877 799 e os participantes poden gañar vales para gastar na hostalería de Viveiro e unha cea+cocktail. Repartiranse 660 euros en premios.
Con esta iniciativa, desde o Concello de Viveiro, coa colaboración das dúas asociacións de hostalería, preténdese recuperar a esencia da feira renacentista e ademais axudar a un dos sectores máis afectados pola crise do coronavirus.
“Queríamos non deixar de lembrar unha das nosas citas máis emblemáticas do verán, pero sen deixar de ter en conta que estamos nunha situación complicada; invitamos á xente a baixar á rúa cos seus traxes pero con prudencia, renaceremos moi pronto se todos o facemos posible”, asegura a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, “contribuindo ademais a botar un man ao sector más castigado pola pandemia”.