Ribadeo, 4 de xullo, 2021. O atleta ribadense participou este sábado no Campionato galego de atletismo sub 16, celebrado nas pistas Gregorio Pérez Rivera de Lugo.
Brais, ó igual que toda a actual tempada, participou nas disciplinas de lanzamentos de peso e xavelina, obtendo uns excelentes resultados.
Na xornada de mañá era o turno do peso, onde Brais partía como favorito e onde se cumpriron os pronósticos. Os lanzamentos foron de 11.53-12.38-11.78-11.99-Nulo-12.20 m. respectivamente. Con estes resultados Brais superaba ampliamente ós seus contrincantes e subía ó máis alto do podium. Os dous medallistas que acompañanron a Brais foron, Eloy Acuña da SG Pontevedra, que tivo un mellor lanzamento de 11,08 m. e Ángel García do CA Narón, cun mellor lanzamento de 10.18 m.
Xa na xornada de tarde, participaba no lanzamento de xavelina, acadando a medalla de bronce e unha mellor plusmarca persoal. Os seus lanzamentos foron de 40.18-34.78-41.10-37.20-Nulo-Nulo m. respectivamente. O podium estivo completado por Enzo López da Atlética A Barbanza, cun mellor lanzamento de 48.16 m. e Alfonso Labella do CA Millaraio, cun mellor lanzamento de 43.05 m.
Brais remata esta primeira parte da tempada con dúas medallas de ouro e unha de bronce en campionatos galegos e especialmente, cunha gran mellora nas suas marcas personales