Barreiros, 01 de xullo de 2021. No día de hoxe, Barreiros pon en marcha un novo punto de información turística situado na Praia de Coto.
Estará aberto durante xullo e agosto en horario de 17.30h a 20.00h de martes a venres e os sábados de 11.00h a 13.30h e de 17.30h a 20.00h.
A oficina de turismo do Centro Sociocultural seguirá prestando servizo de martes a venres polas mañás, de 11.00h a 13.30h.
Deste xeito, o Concello pretende achegar este servizo aos usuarios/as que acoden a Barreiros principalmente para gozar do litoral, polo que a actual oficina, situada en San Cosme, lles queda un pouco a desmán.
As súas extensas praias de area branca e fina son o seu principal recurso turístico, mais Barreiros conta con outros atractivos tanto de carácter natural coma cultural, polo que esta Oficina de Turismo contribuirá a divulgar a riqueza turística alén da súa costa.
Ademais de acudir presencialmente, os usuarios/as poden poñerse en contacto a través do teléfono 982.134.400, do correo electrónico turismo@concellodebarreiros.gal ou a través das Redes Sociais “Barreiros Turismo” (Facebook e Instagram).