O primeiro desprazamento, o 25 de setembro, xa terá protagonismo de duelo irmandiño, no feudo do Poio Pescamar FSF. O Pescados Rubén poderá gozar de dous derbis irmandiños na Bomboneira na primeira volta, con Ourense Envialia xa na xornada 3, o 2 de outubro, e co novel Marín Futsal, o 4 de decembro, na 10. Superado o ecuador da competición, coa viaxe a La Estación ante Futsi, o 29 de xaneiro, A Mariña tan só poderá vibrar coa rivalidade da terra na xornada 17, ante as poienses o 12 de febreiro.
A despedida de 2021 tamén se gozará en Vista Alegre, con STV Roldán o 18 de decembro. A benvida de liga ao aninovo será o 15 de xaneiro, coa xornada 13, na pista de Universidad de Alicante.
Copa da Raíña e Supercopa de España
O inicio da Copa da Raíña está fixado para o 8 de decembro, mentres que a fase final terá lugar os días 22, 23 e 24 de maio. A Supercopa de España, pola súa banda, queda reservada para a última fin de semana de febreiro (26 e 27).