Viveiro, 16 de xullo, 2021. A actividade será de 11-14 horas no Complexo Regal Xunqueira, Curva de Xunqueira S/n en Viveiro.
E será a cargo de Renata Otero, artista de orixe mariñense establecida vai uns anos en Santiago de Compostela, que conta xa con 25 anos de experiencia como formadora de arte e que combina o coaching de vida co arteterapia desde hai 6 anos.
Este obradoiro trátase dunha proposta diferente que mestura o lecer co autodesenrolo persoal. E que ofrece a posibilidade de favorecer un encontro entre a persoa e arxila que vai manipular dun xeito profundo e sanador.
Nas tres horas que dura o evento, practicarase unha meditación moi doada para non iniciados, un pouco de escritura automática, dous traballos de modelado e unha reflexión conxunta.
Mentres o público esté a modelar, coas pautas da Renata Otero, irá desmontando o xeito no que se descalifica ou boicotea no día día. A idea é que todas as mulleres que acudan saian moito mais empoderadas e sabéndose valiosas.
Para facer a actividade non é preciso ter ningunha experiencia co modelado nin coa práctica artística xa que se vai crear dun xeito moi libre onde o que é importante é o proceso e o xuizo, estético ou técnico, queda fóra.
As prazas son limitadas. O prazo de matrícula rematará o 22 de xullo e as prazas cubriranse por orde de inscripción.
Inscripción e mais información:
https://mailchi.mp/bb09fd2fe1ee/nx4h0pk3rj
Tfno e WhatsApp: 610574345
email: risasecores@gmail.com