O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “foron tres días de traballo deste proxecto no que participamos xunto a socios de Italia, Lituania, Romanía, Turquía, Croacia e Portugal. Continuamos así co traballo de elaboración de unidades didácticas sobre a tecnoloxía do vehículo eléctrico, para utilizalas na formación profesional básica. Nestes encontros de traballo cada socio presentou o traballo que está realizando”.
Máis actividades
Por outra banda, segue a actividade formativa de Apaga en Ribadeo. En xullo haberá tres cursos de soldadura: o día 17 de electrodo revestivo, o 24 de soldadura mig mag e o 31 de soldadura tig. As persoas interesadas en asistir poden obter máis información nos teléfonos 639 88 49 45 ou 629 09 67 11.
E xa en agosto os días 7, 8, 14 e 15 terá lugar un curso de vídeo dixital dirixido a todo tipo de público. Doural subliñou que “o único que teñen que facer é contactar con nós e xa lles damos todos os detalles desta nova oferta formativa”.