Burela, 4 de xullo, 2021. A reunión levouse a cabo este venres en Burela co obxectivo de coñecer por parte de Acia Burela e de primeira man as novas liñas de financiamento dispoñibles para os seus asociados a través da citada entidade financeira así como analizar as diferentes opcións de colaboración a futuro.
Na reunión Afigal tamén informou que as empresas socias poderán acceder ao fondo de titulización Aquisgrán, que acaba de lanzar SGR-CESGAR mellorando o acceso ao crédito a pemes e autónomos e diversificando as súas fontes de financiamento máis aló da canle bancaria tradicional.
Ignacio Andía, como presidente da nova directiva de Acia Burela e Marcelino Andía, como tesoureiro da mesma, mantiveron o encontro con Luís Feijóo, delegado provincial do ente, e Selenne Jorge Costa, xestora comercial – Lugo, tras o que senllas partes mostraron a súa satisfacción expresando a súa firme intención de colaboración en beneficio do comercio local de Burela.