Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta pon en valor en Mondoñedo a importancia da conciliación na loita contra a violencia de xénero cun investimento de 1,4M€

Mondoñedo, 30 de xullo de 2021. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou hoxe en Mondoñedo o campamento de verán Mondopeque, que ten por obxectivo favorecer a conciliación para as familias de 40 nenos e nenas cun apoio da Consellería de Emprego e Igualdade de 15.000 euros na edición deste ano.

López Abella destacou o valor da conciliación na consolidación dunha sociedade galega máis igualitaria e con máis benestar, é por iso que, en relación a esta política, o Diario Oficial de Galicia (DOG) recolleu o pasado 22 de xuño un programa de apoios ás entidades laicais que inclúe catro liñas de financiamento, unha delas con 1,4M€ de investimento, destinadas a apoiar programas de conciliación nos concellos de Galicia, como é o caso da iniciativa Mondopeque.

O Executivo galego demostra deste xeito o seu afán de estender as axudas contra a lacra da violencia de xénero en eidos transversais na sociedade, dende a conciliación ata a prevención, pasando pola concienciación á sociedade sobre os tipos de violencias. É obxectivo da Administración galega atender o groso do territorio pero tamén cunha ollada posta no local, é por iso que concellos como o mindoniense levan contando coa axuda da Xunta dende 2009 en programas de fomento da Igualdade, cunha suma, no caso de Mondoñedo, de ata 15.000 euros en apoios deste tipo.

Exit mobile version