Site icon Crónica3.com A Mariña

A Vicepresidencia da Deputación apoia o tecido cultural de base cunha convocatoria de axudas cun importe total de 200.000 euros

Lugo, 2 de xullo de 2020.- A Vicepresidencia da Deputación de Lugo convoca axudas a asociacións culturais por un importe total de 230.000 euros. A Xunta de Goberno provincial aprobou este venres as bases da convocatoria, que inclúe dúas liñas de subvencións: unha destinada á organización de actividades e iniciativas de dinamización cultural e outra dirixida a financiar investimentos en instalacións e equipamento nos seus locais sociais.

A vicepresidenta Maite Ferreiro sinalou que “con esta convocatoria renovamos o noso compromiso coas asociacións distribuídas polas parroquias, concellos e comarcas, que facilitan o acceso á actividade cultural en todo o territorio e xeneran un dinamismo moi necesario para o sostemento do tecido ecónomico vinculado a creación e á produción cultural”.

“Que se aprobe esta convocatoria é en si mesma unha boa noticia porque iso significa que o tecido cultural de base resisitiu á pandemia, e estamos orgullosas de poder decir que contribuímos a esa fortaleza, coas adaptacións da convocatoria que fixemos o ano pasado, coa creación dunha liña específica para equipamentos e instalacions pero tamén mantendo os circuítos de teatro, o Musiqueando e outras programacións que ao longo do ano ofrecemos a estas entidades”, expuxo a responsábel de Cultura.

Liña para a realización de actividades culturais

Esta liña está dirixida a promover a realización de actividades culturais por parte das asociacións. As achegas céntranse en financiar gastos derivados de iniciativas de dinamización cultural en todas as súas vertendes e de posta en valor do patrimonio material e inmaterial.

O obxectivo é contribuír ao desenvolvemento duunha actividade que incida no uso da lingua galega, que promocione os valores culturais e tradicionais dos distintos puntos do territorio e se adecúe á demanda e interese de toda a poboación.

As asociacións poden xustificar gastos diversos, desde os derivados da contratación de persoal ata os relacionados co desenvolvemento de actuacións culturais ou de promoción e difusión das actividades. As axudas

Liña para investimentos en equipamentos e instalacións

Esta liña diríxise a financiar investimentos para a mellora, o acondicionamento e a reforma de instalacións de uso cultural, ben sexan de titularidade das asociacións ben dispoñan delas, por alugueiro ou cesión. Tamén a adquirir equipamento, mobiliario e materiais de uso técnico e artístico vinculados ao desenvolvemento da súa programación de actividades, incluída a compra de libros en galego.

Trátase dunha liña de subvencións, creada na convocatoria de 2020 atendendo a demanda do tecido asociativo, moi condicionado pola situación sanitaria á hora de desenvolver a súa actividade.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, explicou que “foi unha convocatoria moi ben acollida, á que se presentaron medio cento de asociacións das distintas comarcas que solicitaron fondos para reformas nos seus locais o para adquirir equipamento, de condición moi variada, desde instrumentos ata equipos informáticos e audiovisuais”

Criterios

As axudas oscilan entre os 300 e os 3.000 euros en función dos criterios e baremos que se establecen na base da convocatoria.

Maite Ferreiro explicou que en ambos casos son procedementos de concorrencia competitiva, nos que as subvencions se outorgan atendendo a criteros e baremos establecidos nas bases”, que se publicarán ao longo da vindeira semana no Boletin Oficial da Provincia.

Segundo destacou, entre eses criterios figuran os relacionados co ámbito territorial no que a asociación desenvolve a actividade ou a súa consolidación como entidade cultural. “Primanse as iniciativas de asociacions de concellos de menos de 2.000 habitantes e tamén as de aquelas que levan máis tempo dinamizando culturalmente as parroquias e os concellos. É unha forma de recoñecer un traballo fundamental para o acceso á cultura en todo o territorio”.

As subvencións concederanse para actuacións que se desenvolvan ao longo de 2021.

Exit mobile version