Durante a tempada estival, que a efectos de Saúde Pública exténdese desde xuño ate setembro, adóitanse facer varios controis do estado dos areais, nos que se inclúe a cualificación do estado da auga de baño, a limpeza das praias, a comprobación da existencia dun protocolo de medidas covid , a limpeza das instalacións e a supervisión da información que se dá a usuarios e usuarias, mediante un único cartaz con infogramas e normas en varias línguas.
A concelleira de Saúde Pública, Montse Porteiro manifestou “unha enorme satisfacción ao comprobar que o arduo traballo de meses para que as praias estén nas mellores condicións de limpeza e salubridade posibles é compensado e cualificado pola inspección da Xunta como excelente, cun resultado numérico de 1, o que significa o nivel máis alto de optimidade “.
O goberno de Barreiros desexa que tanto as persoas residentes como as visitantes desfruten das súas marabillosas praias de forma responsable e cumprindo todas as medidas sanitarias , “pois esta é a única forma de poder incorporarnos a una vida máis normal e de garantir que esta explosiva variante da infección se expanda e obrigue a adoptar medidas máis restritivas”.