Este colectivo sanitario ven de detectar tamén no centro de saúde de Foz eivas importantes no seu funcionamento, ao igual que está a acontecer en toda a rede de Atención Primaria da comarca e do país e que merman considerablemente a calidade da asistencia sanitaria, malios case heroicos esforzos que realiza tanto o persoal sanitario coma o administrativo.
Falta de cobertura de profesionais e ausencia de persoal sanitario para desprazadxs.
A Plataforma Sanitaria da Mariña leva anos denunciando os recortes que está a sufrir a Atención Primaria, tanto en recursos materiais coma en persoal, situación que se agrava no verán, ao ter que substituir as vacacións duns profesionais que levan máis dun ano sobrecargadxs de traballo, dando o mellor de si mesmxs para lograr atender axeitadamente tanto a patoloxía habitual coma a urxente ou a derivada da pandemia. Neste tempo o centro de saúde non recibiu ningún reforzo en ningún momento e as coberturas do persoal habitual mesmo foi insuficiente. A coordinadora do colectivo, Montse Porteiro, lembra tamén que o Sergas sigue sen cubrir a reducción de xornada da pediatra e que neste servizo de pediatría este verán terán que atenderse “todas as crianzas do concello de Foz, Valadouro, Alfoz e a demanda de nenos e nenas desprazadxs a Foz polo verán cun servizo que non existe a tempo completo”.
A todo isto súmase a negativa por parte de Sergas para contratar persoal sanitario para atender ás persoas desplazadas, que nunha localidade coma Foz pode chegar mesmo a cuadriplicar a súa poboación, sobrecargando aínda máis ao persal do centro sanitario.
Seguimos a reclamar a reposición do segundo TES e a dotación dunha matrona para o centro
O colectivo sanitario quere tamén incidir na necesidade de que se volva dotar á ambulancia medicalizada do segundo Técnico de Transporte Sanitario eliminado sen causa obxectiva que o xustifique, pois nesta comarca tan dispersa e tan extensa precisamos dun segundo técnico que asegure a chegada no menor tempo posible a certos domicilios aos que non é posible cun solo técnico que se encargue de conducir e localizar, precisando pedir reforzo á ambulancia de soporte vital básico . Este segundo técnico, a maiores debe encargarse da substitución do seu compañeir@ para dar masaxe en caso de parada , evitando o esgotamento dún único reanimador/a, pois nestes casos a enfermeira ten que adicarse á vía venosa e medicación e o persoal facultativo á vía aérea.
Esiximos tamén que se dote a este centro de saúde da catrgoría profesional de matrona, figura clave en numerosos momentos da vida da muller e que non solo inclúen a atención ao embarazo , parto e puerperio senón tamén a todos os momentos e eventos na vida das mulleres, mesmo a atención en enfermedades da muller invisibilizadas e minusvaloradas como a endometriose. Resulta incrible que una localidade coma Foz, con uns dez mil habitantes careza desta profesional-lamentan desde o colectivo.
Desde este colectivo sanitario animamos aos vecinos e veciñas a que acudan á concentración, pois só a mobilización e a presión social poden conseguir que o goberno da Xunta recúe nas súas pretensións de desmantelar á xa maltreita atención primaria. Conclúe Montse Porteiro que “ o pilar básico da atención sanitaria queda nunha situación de caos, que coma sempre afectará negativamente a veciños e veciñas. Comarca” .