Site icon Crónica3.com A Mariña

A CEL e empresarios do sector primario reúnense co Presidente Tomé para analizar a implantación na provincia de novos sistemas de produción agrogandeira

Lugo, 1 de xullo de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, mantivo unha reunión este xoves en San Marcos co secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López Vázquez, o presidente da Fundación Agroalimentaria Galega, Carlos Cebrián Escobar, e dous catedráticos en veterinaria da Universidade de Zaragoza, José María González Sainz e Teresa Navarro Rodrigo, un encontro no que analizaron a posibilidade de implantar na provincia novos sistemas de produción agrogandeira vencellados á carne de ovino e caprino.

Os representantes da CEL, da Fundación Agroalimentaria de Galicia e da universidade zaragozana explicaron ó mandatario provincial o proxecto no que traballan e no encontro exploraron a posibilidade de artellar futuras vías de colaboración coa previsión de continuar en contacto e intercambiar información ao respecto.

A iniciativa plantexada pasa por ver a posibilidade de implantar na provincia, en zonas como o sur e o centro, novos sistemas de produción de carne de ovino e caprino, potenciando desta forma a industria agrogandeira e alimentaria lucense, e, con elo, o desenvolvemento sostible do territorio, a xeración de riqueza e de emprego, sobre todo no rural, e, ao mesmo tempo, favorecendo o aproveitamento dos recursos propios coa conseguinte redución do perigo de incendios.

Exit mobile version