Site icon Crónica3.com A Mariña

59.500€ para melloras na escola infantil de Ribadeo

Ribadeo, 24 de xullo de 2021. O voceiro do Grupo Municipal do PP de Ribadeo, Daniel Vega, sinala que “a Xunta está mellorando as instalacións da escola infantil”. Concretamente, achega un investimento de 59.500 euros para actuar en distintas estancias da escola infantil.

O popular explica que “se actuará na mellora dunha saída de emerxencia, nos vestiarios e no acondicionamento dos baños da planta baixa e do xardíns exterior; así coma na mellora dos equipos da cociña”.

Vega recorda que “fai pouco, o pasado 16 de abril, o director xeral de Familia visitaba as instalacións da escola infantil” onde comprobou a necesidade de acometer certas actuacións. Nese sentido, destaca “a boa disposición da Xunta a investir na mellora das instalacións públicas en Ribadeo”.

A Xunta xa dirixira o pasado ano preto de 45.000 euros para a execución de melloras na escola infantil coma na iluminación e na cociña; o pintado da propia escola; a instalación de cámaras de videovixilancia; a adquisición de material para o funcionamento diario do centro e para a detección de incendios; ou actuacións de carpintería e no sistema de calefacción. Ademais, e a petición da propia dirección do centro, no marco deste proxecto, e debido á nova normalidade que deixa a covid-19, contratouse a unha camareira-limpadora.

Vega apunta que “hai moitos alumnos e, polo tanto, Ribadeo precisa unha escola infantil á altura das circunstancias”. Engade tamén que “o Grupo Municipal Popular seguirá traballando para seguir mellorando instalacións no noso pobo. Investir nos máis novos, é investir no futuro de Ribadeo”, conclúe.
Gabinete de Comunicación

Exit mobile version