Site icon Crónica3.com A Mariña

45.000€ para obras de saneamento e pavimentación en Vilaframil

Ribadeo, 20 de xullo de 2021. O Concello de Ribadeo está a realizar obras de saneamento e pavimentación na parroquia de Vilaframil, entre os barrios do Valado e o Campo de San Lourenzo. O orzamento ascende a 45.000 euros e o prazo de execución é de dous meses. O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, pide desculpas polas molestias que se poidan ocasionar para circular por esa zona.

O edil ribadense contou que “estamos afanados nestes días coa construción dun novo treito de saneamento e pavimentación na parroquia de Vilaframil, concretamente entre os barrios do Valado e o Campo de San Lourenzo. O orzamento de licitación destas obras ascende a 45.000 euros e está financiado pola Deputación de Lugo, a través do Plan Único, e máis por fondos propios do Concello de Ribadeo. O adxudicatario da obra, como mellor oferta, foi para a empresa Coto Estudios y Construcciones S.L. e o prazo de execución é de dous meses como máximo”.

Marcos Villamil explicou que “as obras consistirán basicamente nunha canalización con tubaxe de PVC de 250 mm onde se recollen todos os vertidos dese núcleo e lévanse ata un pozo de rexistro existente que xa está conectado coa rede xeral. A lonxitude do saneamento é de 327 metros, terá nove pozos de rexistro e leva contemplada a reposición cunha capa de aglomerado asfáltico para toda esa ví..”

O concelleiro de Medio Rural engadiu: “sabemos que nos vindeiros días se fará complicado circular por eses camiños polo que pedimos aos veciños e veciñas que teñan comprensión, sabendo que dentro de pouco tempo verán mellorado notablemente o seu entorno”.

Exit mobile version