Ribadeo, 27 de xullo de 2021. O Concello licita o amaño integral de varios camiños das parroquias da vila e do interior. O investimento ascende a 212.000 euros. O prazo de execución será de 2 meses e as empresas interesadas en presentar as súas ofertas teñen toda a documentación na Plataforma de Contratos do Sector Público, segundo deu a coñecer o concelleiro de Obras no día de hoxe.
Marcos Villamil dixo que “xunto cos traballos de rebacheos que estamos levando a cabo nestes días en moitos dos camiños municipais do noso concello, queremos dar un novo impulso importante á mellora da rede viaria municipal. Así, estamos licitando nestes días o amaño integral de varios camiños das parroquias de vila e das parroquias do interior. En total serán uns 212.454 euros de diñeiro público dun programa que levamos a cabo conxuntamente o Concello e mais a Deputación de Lugo”.
O edil ribadense sinalou que “neste caso, e como noutras veces, tivemos en conta as opinións das diferentes asociacións de veciños das parroquias para ir dando prioridade aos camiños que elas nos suxiren, sabedores de que non se pode nun ano acometer a mellora de todos e cada un dos camiños. Este sistema estámolo levando adiante desde hai tempo, con notable éxito, e confiamos que de seguir así, en poucos anos, teremos os camiños principais das nosas parroquias nun estado aceptable”.
Villamil explicou que “agora, o que pretendemos executar é a mellora dos firmes con aglomerado asfáltico en quente, previa limpeza das gabias. Logo do aglomerado botaráselle zahorra aos corredores laterais para garantir mais anchura e mais seguridade. Tamén se procederá a sinalizar tanto horizontal como verticalmente”.
O concelleiro de Obras engadiu: “o prazo de execución destes traballos será de dous meses e as empresas interesadas en participar nesta licitación teñen toda a documentación na Plataforma de Contratos do Sector Público, xa que esta licitación, como as últimas que estamos a facer é por procedementos de contratación electrónico”.