O Pescados Rubén Burela FS fixo valer a súa efectividade en tan só tres minutos para poñer terra por medio, entre o 13 e 16, despois duns compases iniciais con ocasións en ambas as porterías e con moito perigo dos galegos á contra cunha presión asfixiante. Quintela, pola banda, abriu o marcador, para darlle o relevo a Javi Rodríguez no 15, cun golazo desde pista laranxa que sorprendeu a Franco adiantado. O 0-3 subiu co sempre máxico Matamoros, de cabeza, nun saque de banda de David Pazos que lle cedeu Renato ao 10. Durán Ejido optou por xogo de cinco con algo máis de tres minutos por diante para o descanso; case sobre a bucina Renato acariñou o cuarto a porta baleira.
O porteiro xogador local reinou durante toda a segunda parte, con cambio de protagonismo, fronte á sólida defensa galega e ao sempre incomensurable Edu, que desartellou o perigo dos andaluces máis incisivos: A. Motos, Nacho Gil e Cristian Rubio. Non deixou de insistir Durán Ejido no xogo de cinco e Pescados Rubén non conseguía atopar o cuarto. A falta de 4 minutos os locais deron co revulsivo para crer na remontada, con A. Motos. Na recta final, Josema evitou sobre a liña de meta o 1-4, tras un rexeite, e a 8 segundos, para dar aínda máis emoción, A. Motos volveu ver portería, co definitivo 2-3.
Ficha técnica
Durán Ejido Futsal: Franco, Josema, Cortés, A. Motos, Guille, cinco inicial; tamén xogaron Juanillo, Cristian Rubio, Nacho Gil, Negro, A. Vargas, Musa, Nacho C., Bustos
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Matamoros, Renato, David Pazos, Quintela, cinco inicial; tamén xogaron Javi Rodríguez, Iago Míguez, Giasson, Álex Diz, Pitero
Goles: 0-1, minuto 13, Quintela; 0-2, minuto 15, Javi Rodríguez; 0-3, minuto 16, Matamoros; 1-3, minuto 36, A. Motos; 2-3, minuto 40, A. Motos
Árbitros: Martínez Flores // Navarro Liza. Por El Ejido amarela a A. Vargas. Por Burela amarela a David Pazos, Pitero, Quintela.
Incidencias: Primeiro partido da fase de promoción de Primeira División disputado no municipal del Ejido.
Final del formulario