O acto de entrega das Bandeiras Azuis 2021 correspondentes a Galicia, organizado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, tivo lugar na praia de Rodas, no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
A praia de Area ten unha lonxitude de 1.200 metros de area branca e de oleaxe tranquilo, con forma rectilínea e un conxunto dunar de grande interese paisaxístico.
“O turismo de natureza e praia será un piar fundamental este ano, no que xa vemos a luz ao final do túnel desta pandemia, polo que desde o Concello estamos moi satisfeitos pola bandeira azul para Area”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.
Este galardón avala a calidade e servizos deste areal, ao que se suma a Q de Calidade, un recoñecemento que, neste caso, tamén posúe a praia de Covas.