Site icon Crónica3.com A Mariña

Visitas Virtuais aos Museos Científicos Coruñeses e ó Xacemento de Atapuerca na XXVI Feira da Ciencia do IES Ribadeo Dionisio Gamallo

Ribadeo, 7de xuño, 2021. Na XXVI Feira da Ciencia e da Cultura, boa parte do alumnado do IES Ribadeo Dionisio Gamallo tivo a oportunidade de visitar os museos científicos coruñeses.

O departamento de Bioloxía, que foi o encargado da actividade, seleccionou para o alumnado de 1º ESO a visita á Sala Nautilus do Aquarium Finisterrae. Trátase da sala máis espectacular do acuario, unha gran piscina de 4,4 millóns de litros onde nadan os maiores peixes do Atlántico. Puideron ver meros, douradas, os grandes bancos de xardas e de xurelos e, por suposto, as quenllas entre as que destaca Gastón, un Tiburón Toro macho de 2,5 m de longo e 120 kg de peso.

O alumnado de 2º ESO visitou a exposición “Puro Swing” na Casa das Ciencias centrado na explicación dos experimentos pendulares de Galileo e Foucalt que cambiaron a historia da ciencia, no segredo do botafumeiro, mirar como a gravidade fai debuxos xeométricos e aprender a facer maxia con péndulos acoplados.

Finalmente, na Domus, eleximos para 3º ESO a “Disección en directo do ollo” e para 1º Bacharelato, a “Disección en directo dunha flor”, ambas acompañadas de xogos interactivos coa aula.

Todas resultaron interesantes e o alumnado mostrouse participativo. Tan só queda pendente para esta semana a visita virtual ó Museo de Atapuerca, en Burgos, cocretamente á Sima dos ósos, que é un impresionante xacemento en zona de rocha calcaria onde se atopa a maior acumulación de fósiles humanos do mundo.

Nun curso condicionado pola pandemia e o protocolo anticovid, que fixeron imposibles a realización de prácticas de laboratorio, dende o IES de Ribadeo, queremos agradecerlle ós Museos Científicos Coruñeses e ó Museo de Atapuerca a súa colaboración.

Exit mobile version