Trátase dunha estancia Erasmus+, que inclúe visitas a varios centros formativos, a empresas e tamén ao Museo da Ferrari. A súa estadía prolongarase ata o 4 de xuño. O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “onte visitamos e mantivemos un encontro no centro Raimondo da Aronco, en Gemona del Friuli, que é socio do proxecto de Aprendices de Apaga. E hoxe estamos a ter unha xuntanza no centro de Ferrari de Maranello, co obxectivo de concertar unha colaboración para o X Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que celebraremos en Ribadeo a finais do mes de agosto”.
Varios profesores de Apaga atópanse estes días na rexión de Lombardía, en Italia