No segundo contacto mantido entre comité de empresa da fábrica de aluminio mariñá e un dos grupos interesados nela, as impresións foron moi positivas. Trátase dunha acreditada empresa siderúrxica que ve na pranta de San Cibrao unha inversión a longo prazo, merecente de fortes inversións. Así llo expuxeron á representación dos traballadores este xoves, confirmando que nos plans estaría manter a actual plantilla.