Site icon Crónica3.com A Mariña

Un ciclista de O Valadouro perde a vida na Pastoriza ao ser atropelado por unha furgoneta

A Pastoriza, 7 de xuño, 2021. Un ciclista faleceu este luns despois de que o seu vehículo colidise contra unha furgoneta na Pastoriza.

Os feitos sucederon no punto quilométrico 9 da LU-122, uns minutos antes das cinco.

Foi, nese momento, cando o 112 Galicia recibiu a alerta do accidente a través dunha persoa particular. Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que malia mobilizar un helicóptero medicalizado ata o lugar do sinistro, tan só puideron confirmar o falecemento do ciclista.

Ademais, os xestores do CIAE 112 Galicia deron conta do accidente á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Vilalba e ao GES da Pontenova.

Exit mobile version