Díaz Freije dixo que “queremos informar que estamos a facer uns traballos de mantemento na senda da costa. Ao longo desta semana contamos que estea lista para o seu desfrute”.
O concelleiro de Medio Ambiente criticou “á Xunta porque levaba anos encargándose destas tarefas, debido a un convenio que tiña co Estado e unilateralmente desistiu xa o ano pasado de dito convenio. Como sempre é unha pelota neste caso para o Concello de Ribadeo, supoño que outros estarán na mesma dinámica. É un traballo máis que cae encima dos Concellos para manter e garantir o paso por esta senda”.
O edil ribadense asegurou que “nos esforzaremos coa brigada de medio ambiente e faremos o posible, como sempre, para que este paraíso estea transitable agora e ao longo do ano e para que todos os veciños e veciñas de Ribadeo e quen queira de onde veñan poidan darse un paseo por esta ruta tan especial, con estes paisaxes extraordinarios e vistas idílicas que ten hoxe o seu contorno”.