Site icon Crónica3.com A Mariña

Sen lista de agarda no Servizo de Axuda no Fogar de Mondoñedo

Mondoñedo, a 4 de xuño de 2021. O Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Mondoñedo continúa sen lista de agarda. En total, atende a 118 familias, das que 62 son dependentes e 56 reciben a prestación básica.

Deste xeito, o servizo está totalmente ao día, sendo este para o goberno local un dos máis importantes que presta, co fin de que a xente maior viva nos seus domicilios o maior tempo e nas mellores condicións posibles.

Creación de emprego
A través do SAF, a entidade local tamén crea emprego. Concretamente, o Concello ten 26 auxiliares de axuda no fogar, das que tres están contratadas para as vacacións. A atención é de luns a domingo e en horario de mañá e tarde, mediante persoal propio.

A este servizo, o Concello destina unha importante cantidade económica. Ademais da aportación que fai o propio Concello, no caso do Servizo de Axuda no Fogar-Dependencia está subvencionado, en parte, polo Servizo de Dependencia da Consellería de Política Social, e o SAF-Prestación Básica, en parte, a través do Plan Único da Deputación de Lugo.

Exit mobile version