Site icon Crónica3.com A Mariña

Santiago Gonzalez Villares, do Club de Tiro con Arco Iadovi, record galego de Bosque 3D

Cervo, 6 de xuño, 2021. Este sábado o arqueiro Santiago Gonzalez Villares, competía en arco espido, e volvía a demostrar a súa calidade técnica no Campionato Galego de Bosque 3D. Na localidade da Devesa en Pontevedra, celebróuse este evento organizado polo Club Boa Vila, nunha ronda a 24 dianas o representante mariñao fulminou o record galego da moladidade, que ostentaba José Ángel Lijo Cadilla del Club Arqueiros do Barbanza, con 396 puntos (sobre una máxima de 528pts.) situando o novo record en 415 puntos (doce puntos más que o seu record persoal obtido o pasado 16 de maio na 3ª liga nacional RFETA de 3D celebrado en Ávila); o que lle valería para acadar o primeiro posto na ronda clasificatoria.

Tralo descanso iniciávanse as eliminatorias Tras gañar folgadamente ao seu primeiro rival, pasaría as finais contra outro favorito, o representante do Club Lumelar de Ourense, Luis Angel Suarez Gonzalez, tras unha final moi apretada, Santiago estivo mais acertado, vencendo a Luis Ángel por unha diferencia de 6 puntos o que o proclamaría Campión Galego 202 1na modalidade de arco espido en tiro con arco en bosque 3D.

Exit mobile version