Ningún dos mariñeiros precisou asistencia sanitaria.
Todo sucedeu sobre a unha e media desta madrugada. Foi a esa hora cando o persoal da aeronave do Servizo de Gardacostas de Galicia comunicaba ao 112 a súa saída, por mor dun barco encaiado en Nois, Foz.
Con estes datos e despois de contactar co persoal de Salvamento Marítimo e de GardaCostas de Galicia, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil.
Con todo, tras ser rescatados, o persoal de Salvamento confirmou o seu bo estado de saúde. Indicaron que o pesqueiro quedara encaiado nas rochas.