Site icon Crónica3.com A Mariña

Puerto de Celeiro celebra cos máis pequenos o Día Mundial dos Océanos

Celeiro, 8 de xuño de 2021. Puerto de Celeiro OPP77 ten unha vertente educativa que asume de bo grado e responsabilidade da man do CEIP desta localidade lucense e que se expresa de moi diferentes maneiras. Unha delas, a celebración conxunta de actividades relacionadas coa protección do medioambiente, que este ano coincide no seu educativo festexo co Día Mundial dos Océanos. As nenas e nenos de Celeiro, moitos deles cun o varios familiares traballando no sector pesqueiro, herdan un mar e unha natureza que deben aprender a coidar mellor que os seus maiores. Non dar por suposto unha contorna magnífica, un medio ambiente pleno e uns océanos xenerosos, senón convivir con eles e, nalgúns casos, recuperalos.

Este é o argumento ao redor do cal Puerto de Celeiro organizou este 8 de xuño un programa composto por tres actividades: unha charla centrada no mar a cargo dos especialistas en divulgación científica, oceanografía e educación ambiental María Calvo e David Torres; unha actividade deportiva en forma de relevos e a realización de manualidades: unha ficha por parte dos nenos de Educación Infantil e un test tipo Trivial relacionado co medio mariño para o alumnado de Primaria.

Para conseguir que todos os estudantes participen no conxunto de actividades, fixéronse distintos grupos (Educación Infantil, 1º, 2º e 3º, e 4º, 5º e 6º) que foron rotando entre unha acción e outra.

Non faltarán obsequios para os estudantes para promover a súa participación nos xogos educativos. Desta forma, todos recibiron unha botella de aceiro inoxidable, que poderán usar no seu día a día para levar ao colexio en substitución das de plástico, outra forma de concienciar do uso de materiais menos contaminantes para a natureza.
Con esta iniciativa, Puerto de Celeiro OPP77 reitera o seu compromiso coa educación en valores. Xa o pasado ano, nas actividades que levaron a cabo con motivo desta celebración e que, debido ás restricións, realizáronse unha parte por videoconferencia e outra de forma presencial, doouse ao CEIP material informático para contribuír a romper a fenda dixital do alumnado, máis patente durante a pandemia. Unha mostra máis de implicación da organización coa súa localidade e coa súa xente, desde un pasado común e un futuro esperanzador.

Esta iniciativa enmárcase no Plan de Produción e Comercialización da OPP 77 para o ano 2021, que está cofinanciada con fondos FEMP.

Exit mobile version