Nel repásase a historia de diferentes sucesos marítimos dos que o autor puido recopilar información en diferentes fontes, e que teñen como punto en común que tiveron lugar na zona marítima do Vicedo ou con protagonistas do Vicedo. O libro contén tamén unha morea de curiosidades sobre a zona e o mundo do mar que o fan moi ameno. A edición do libro contou coa axuda económica da Deputación de Lugo. A presentación contará coa presencia do propio autor, Hixinio Puentes e do alcalde do Vicedo, Jesús Novo. Debido ás limitacións sanitarias, o aforo será limitado.