Rebobinemos:
1º.- O día 23 de Agosto de 2018 publícase no BOP da provincia de Lugo o proxecto de fosa séptica con vertedura á Ría de Ribadeo, presentado pola empresa devandita. No mesmo documento consta que a fosa séptica está construída dende Abril de 2017.
2º.- O día 9 de setembro do mesmo ano o Colectivo “POR NUESTRO FARO” rexistra unha alegación con unha serie de consideracións que xa publicamos no seu día. So lembraremos agora que se trataba de un verquido á Ría de Ribadeo, incluída na Rede Natura 2000 e que non estaban claras as garantía da depuración ao noso entender.
3º.- O día 12 do mesmo mes presentamos un escrito no rexistro do Concello de Ribadeo, preguntando se o concello tiña previsto presentar algunha alegación, acompañandoo da nosa.
4º.- Dado que o Concello de Ribadeo non respostou ao noso escrito no prazo que estipula a lei de Transparencia, vímonos na obriga de denunciar esta irregularidade diante da Valedora do Povo Galego.
5º.- Por fin, con data de 10 de xaneiro de 2019, tras a advertencia da Valedora da falla de transparencia, o Concello de Ribadeo remitiunos un informe técnico que non daba resposta ao nosa pregunta. Sin embargo, por omisión, quedaba claro que o concello non se interesou por presentar alegación de nengún tipo, ou sexa deixaba a cousa correr.
6º.- No mes de novembro de 2019 xa nos diriximos por teléfono a Augas de Galicia preguntando se había resolución ou para cando se pensaba que a podería haber. A resposta foi como a de agora: Non hai resolución e non se sabe cando pode recaer. En todo caso, ao ser alegantes recibiríamos comunicación oficial cando se producise.
7º.- O día 9/12/2019 remitimos unha petición de información sobre o mesmo asunto a Augas e Galicia, esta volta por escrito e por correo certificado.
8º.- Con data de 25/6/2020, ou sexa seis meses mais tarde, Augas de Galicia informanos de que o “… o expediente de referencia atópase actualmente en trámite, polo que ainda non foi ditada a correspondente resolución… “ .
9º.- O día 23/XI/2020 nova chamada telefónica ca mesma resposta: Non hai resolución e non se sabe cando pode recaer.
10º.- Como dixemos ao comezo, o día 8 de Junio de 2021 chamamos de novo: Non hai resolución pero mellor que o preguntemos por escrito.
Pola nosa banda so queda repetir o que xa dixemos mais veces. En primeiro lugar non se pode comprender que unha simple fosa séptica teña unha valoración tan complexa que se tarden mais de 30 meses en darlle solución (esto por parte de Augas de Galicia), pero menos aínda se entende que o Concello de Ribadeo, que ten o problema diante da porta, siga poñendose de costas e buscando todos os medios para apoiar este proxecto e concretamente esquecéndose de un verquido na Rede Natura 2000 e na Ría de Ribadeo.
COLECTIVO POR NUESTRO FARO