Abadín, 18 de xuño de 2021. Os socialistas de Abadín demanda axudas ao Concello para que incentive prestacións económicas destinadas ás familias por nacementos, adopcións ou acollemento. Así o anunciou o Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz, quen rexistrou unha moción no Concello sobre este asunto.
Díaz explica que “rexistramos esta proposta, asumindo as dificultades que ten o noso concello para fixar poboación, e tentando presentar iniciativas que contribúan a reverter esta situación que tanto nos afecta. Por iso demandamos ao Concello que habilite axudas económicas para evitar o despoboamento na nosa vila”.
Dende a Agrupación Socialista de Abadín sinalan ademais que na maioría de Concellos da contorna “xa están habilitadas estas axudas, polo tanto entendemos que é unha iniciativa completamente viable”, sinalan.