Castiñeira sinala: “Concretamente, a suba é dun 7% con respecto á taxa actual, algo que dende o PP entendemos que non está xustificado. Os informes técnicos din que a concesionaria non é capaz de xustificar esta suba. No PP cremos que é un moi mal comezo para a nova directora da Granxa Gayoso Castro, Sonia Verdes, ex deputada socialista no Parlamento de Galicia e compañeira nesa Cámara do señor Tomé; o PP xa denunciou no seu momento que accedía a esa praza dende unha bolsa de traballo sacada en plena pandemia e con moi pouca transparencia”.
O portavoz popular considera “que os prezos son inxustificados, excesivos e póñense en igualdade de condicións aos dos servizos que prestan diferentes empresas privadas”. Para os populares “non se entende que un servizo público, como é este caso, teña o mesmo prezo que os que se están aplicando agora mesmo nas empresas privadas”.
Castiñeira di que a proposta que leva o bipartito ao pleno “é unha proba máis da falta de xestión do Partido Socialista na granxa Gayoso Castro e, como vén denunciando o PP, da falta de proxecto para a provincia, que trae como resultado, entre outras consecuencias, unha suba desproporcionada do 7% na taxa do centro de recría, que acabarán pagando os gandeiros da nosa provincia”.