Barreiros, a 19 de xuño de 2021. O Partido Popular interesase sobre a resposta do Concello de Barreiros ao ofrecemento da Xunta de Galicia de colaborar na obra da depuradora de San Miguel de Reinante.
Os deputados mariñáns rexistraron unha pregunta sobre este asunto no Parlamento de Galicia. “Queremos saber a resposta da alcaldesa de Barreiros aos ofrecementos da Xunta de Galicia de apoio técnico e financeiro e outras actuacións previstas polo Goberno galego en relación coa competencia municipal de abastecemento ou saneamento de auga”, sinalan os deputados populares.
Os núcleos de San Miguel e Reinante carecen de sistemas adecuados de depuración, pois as respectivas depuradoras están obsoletas, e os problemas quedan en evidencia, sobre todo en tempada estival polo aumento da actividade turística.
“Desde o Partido Popular queremos agradecer a boa disposición do Goberno galego nesta tema de vital importancia para os veciños e veciñas de San Miguel de Reinante tendo en conta, ademais, que o abastecemento e saneamento de auga é unha competencia municipal”, manifestan os populares.