García explica: “O goberno provincial acordou en decembro do ano pasado rescindir o contrato coa empresa que se encargaba da limpeza de centros provinciais (26 empregados), debido aos problemas económicos que tiña. Como medida provisional, encomendouse este servizo a Tragsa, por seis meses, por 447.000 euros”.
O mesmo representante do PP explica que nos seis meses do contrato, que finalizarán o próximo día 11, a Deputación debía sacar a licitación, en concurso público, libre e aberto a concesión do servizo de limpeza de centros provinciais. José Antonio García di: “Pero non foi así, nunha demostración máis do que entende por xestión o presidente Tomé. En vez de sacar a concurso público e aberto o servizo, garantindo os dereitos dos traballadores, o que fai é unha prórroga do contrato, por tres meses, ampliable por outros tres, por 222.000 euros”.
García sinala: “O servizo debería estar adxudicado a una empresa, nun proceso de libre concorrencia e garantindo os dereitos dos traballadores. Pero non; Tomé deixou pasar o tempo e en vez de sacar a concurso o servizo, prorroga o contrato a Tragsa, coa que, como medio propio da Deputación, contrata directamente. Unha vez máis, saen perdendo os lucenses e outra vez máis se escurecen os motivos desta predilección de Tomé por Tragsa”.