Entre as iniciativas que os populares levaron á máis recente sesión plenaria da corporación municipal figurou unha pregunta exposta por Rodríguez. Querían saber por que a reapertura do acceso á praia de Sacido non entrou non plan de mellora de accesos a areais galegos e se o goberno local ten algún proxecto e, de ser así, cando o pensa executar. A alcaldesa respondeu que o citado plan non ten nada que ver co problema que se dá en Sacido. Recoñeceu que existe un proxecto de Costas, orzamentado en 1.200.000 euros, para acometer a reparación do acceso, pero a alcaldesa non cre que esa sexa a solución; non aclarou por que, nin que pensa facer.
Rodríguez declarou: “Unha vez máis queda patente a incapacidade de xestión do goberno encabezado por Loureiro. Como pode ter durante dous anos un proxecto gardado nun caixón e o problema sen resolver?; e o que é aínda máis grave, seguir sen saber como resolverá esta cuestión. É inaudito, é algo que seguramente debería estudarse nos manuais no apartado de como non se deben facer as cousas na Administración”.