Rodríguez considera inexplicable que o goberno local fora incapaz en oito anos de facer as xestións necesarias para a reconstrución da ponte. Neste sentido explica que, debido a que, pola falta da ponte, só pasan por esta pista algúns sendeiristas, está case pechada. O portavoz popular sinala: “É grave que sexa así por moitos motivos, pero hai tres que resultan especialmente importantes. Por un lado, porque é o acceso utilizado para chegar ás súas propiedades polos titulares do monte nesta zona. Por outra parte, e non é cousa menor, porque de producirse un incendio forestal, sería moi difícil que puideran acceder as carrocetas”. Engade: “E tamén é importante reconstruír a ponte porque esta é unha ruta moi utilizada polos sendeiristas. Algúns seguen pasando e para iso colocaron uns paus sobre o regato”.
Os populares deixan claro o seu total apoio ás demandas dos veciños e esperan que, aínda que tarde, o goberno presidido por María Loureiro, agora que lle entregaron duascentas firmas, non siga mirando para outro lado, e faga as xestións necesarias para a construción desa ponte.