E é que, segundo apunta, “xa non é só a imaxe que damos, é o risco que supón. A visibilidade redúcese pola invasión da maleza e, en caso de incendio, tamén provocaría a expansión das lapas”, alerta.
Dende o PP maniféstanse así moi críticos coa xestión municipal. Proba delo é que, cando gobernaban os populares, as vías municipais desbrozábanse dúas veces ao ano e, cos socialistas no Concello, “faise una vez, se se fai, e iso con moito retraso”. Fernández expón, ademais, que “esta situación é totalmente reprobable”. “O Concello dispón de dous tractores para facer estes traballos e só se está empregado un; algo que non entendemos, pois, ademais da mala xestión, non se están a empregar os recursos cos que contamos”, afirma.
Abandono da zona escolar
A falta de limpeza das estradas municipais é un claro exemplo para os populares “do desgoberno que temos”, e que se reflicte tamén no campo de fútbol escolar e nas inmediacións do colexio. “O estado no que están estas dependencias, invadidas tamén pola herba, é totalmente lamentable e evidencia, de forma indiscutible, que estamos ante os peores dirixentes que tivemos en Trabada nos últimos tempos”, conclúe.
Alcaldesa descentrada
Por todo elo, José María Fernández pídelle á alcaldesa “que se centre” e que “lle dedique algunha hora máis a Trabada. Ir á Deputación está moi ben, pero o que é unha realidade é que ten totalmente desatendido o concello”. Neste senso, dende o PP solicítanlle que ordene os trámites necesarios para acometer no menor tempo posible o desbroce e limpeza das vías e das dependencias, cuxa titularidade é da entidade local.