O director do IES de Foz, Nicolás Asensio, explicou que “dentro de las novedades que tenemos en ciclos para este curso, uno con el que estamos más ilusionados es el ciclo medio de actividades comerciales en colaboración con la FCAM. Ha sido fruto del trabajo de Álvaro Doural, dinamizador dual con plaza en el CIFP Porta da Auga, el jefe de departamento, José Otero, y la FCAM, representada aquí por su presidente, José Carlos Paleo”. Asensio dixo que “empezamos con mucha ilusión este ciclo, se ofertan doce plazas, con prácticas en empresas punteras de A Mariña. Esperemos que funcione. A partir de hoy, día 25, se pueden empezar a presentar solicitudes. Cualquier información cuentan con el centro para guiarles en el proceso. A partir de aproximadamente el 8 de julio comenzará la selección de candidatos y la adjudicación de destinos para las prácticas”.
O xefe de departamento José Otero tivo palabras de agradecemento “para todas aquelas empresas que teñan formado parte da colaboración onde os nosos alumnos van ir facer esas prácticas que todos esperamos que sexan rendibles para eles. Este ciclo ven ser un cambio co anterior que tíñamos de comercio. Entendíamos, dende a dirección e dende o propio departamento, que había que darlle un cambio á estrutura deste ciclo. Postos en contacto coas entidades correspondentes chegamos á conclusión de que o ciclo dual de actividades comerciais podía ser para A Mariña un referente dado que temos que pensar que non temos, incluso na provincia, ningún outro ciclo de comercio en dual”.
Otero cre que “esta oportunidade debera ser aproveitada de forma xenérica por todo o alumnado potencial que temos na Mariña e incluso dende o interior da provincia, posto que reitero que é o único ciclo que imos ver en dual de actividades de comercio e markéting. Entón simplemente desexar e confiar en que o resultado sexa que acuda un número importante de alumnado sobre todo para cubrir inicialmente as prazas que temos previstas de acordo cos convenios que temos coas empresas, ás que lles reitero o noso agradecemento porque sen elas non tería senso esta aventura que entre todos esperamos poder levar adiante. Animamos a todos a que pensen que este ciclo pode ser algo moi formativo e o camiño máis curto para un emprego”.
Álvaro Doural, dinamizador dual, manifestou: “como dixeron o director e o xefe de departamento, queremos agradecer ás empresas que optaron por este proxecto aínda que a situación que vivimos neste momento non é a idónea, pero tamén é o momento de intentar aproveitar todas as ferramentas que temos ao noso carón, e una delas é a FP dual. Fai uns días que chegou ao consello de ministros a nova lei de FP que trae consigo a transformación de todo o sistema de Formación Profesional en dual”. Para Doural “é un adianto importante e a solución está cada vez máis en que a relación entre a empresa e os centros sexa o máis cercana posible e intentar axudarse uns a outros”. E incidiu “na situación dos centros que están nas vilas pequenas porque a tendencia é ir ás grandes capitais, pero está demostrado que a oferta que teñen eses centros dos nosos pobos é de grande calidade e non hai nada que ir buscar a outros sitios cando aquí tes unhas instalacións, un profesorado implicado e unhas empresas. Con toda a complexidade que ten a FP dual, creo que é o futuro e o paso máis curto para a empregabilidade. Penso que iso ás empresas tamén lles pode dar un pouco de aire fresco con esta xente que trae unha formación moi específica. O futuro está por aí e está marcado polas normas que nos veñen de Europa, doutros países que normalmente teñen moi bos resultados coa FP dual, debemos esquecernos de mirar soamente a nosa parcela e chegou o momento en que todos debemos remar na mesma dirección”.
O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, tamén aproveitou para dar as grazas “tanto a Álvaro Doural como ao departamento e ao director do IES de Foz, Nicolás Asensio, para que sexa posible este módulo de FP dual. Hoxe o que está moi claro é que entre as empresas, o alumnado e os traballadores que queren facer a súa vida laboral A Mariña ofrece oportunidades e esta é unha delas. Ao mesmo tempo, sabemos que cada vez é máis agresivo e complicado encontrar traballo, as empresas esixen máis, a situación que temos hoxe de formación cada vez é maior e ten que ser de forma continua, e qué mellor que entre as empresas e os traballadores facer un equipo”.
Paleo destacou “a profesionalidade de toda a ensinanza que temos pública, isto quere dicir que podemos sacar adiante A Mariña e ter as mesmas oportunidades que noutros sitios. Nós, desde a Federación de Comercio de A Mariña, queremos agradecer e estamos a disposición para sacar adiante este módulo. Queremos dicirlle ao alumnado que se anote, que non perda estas oportunidades porque conseguilas require un traballo e se non se compren os obxectivos despois non imos ter máis oportunidades tan fáciles de volver resolver. Igual que cando veñen fondos europeos se non se utilizan, despois virán menos. A colaboración entre todos é fundamental e no futuro teremos que ser todos unha parte da roda para que isto ande”.