Ourol, 18 de xuño, 2021. Acompañado pola subdelegada do Goberno en Lugo; José Miñones estivo posteriomente en Ourol co alcalde, José Luis Pajón. Xuntos, visitaron a Casa do Concello e o Centro Social onde se están executando dúas actuacións de mellora da eficiencia enerxética cofinanciadas entre o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), pertencente ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o Concello, con 142.350 euros de aportación estatal.
Ademáis destes, o IDAE financia en Ourol dous proxectos máis: a instalación de iluminación pública exterior na parroquia de Bravos (a través do proxecto ILUMIN@ da Deputación de Lugo) e a rehabilitación integral da antiga Cámara Agraria para oficinas municipais de atención ao público, con achegas de 22.815 e 82.027 euros respectivamente. En resumo, a totalidade achegada polo Ministerio para actuacións de transición ecolóxica neste Concello ascende a 160.602 euros.
Pola súa parte, o Programa de Extensión de Banda Ancha de Nova Xeración ten 30 entidades de poboación de Ourol beneficiarias na última convocatoria e nas que se instalará este servizo nos próximos meses.