Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro procedeu nas últimas semanas ao pintado dos farois do paseo marítimo do municipio

Concretamente, estes traballos de mantemento realizáronse nos farois entre o inicio da avenida Martín Ledesma, dende o edificio da Cruz Vermella, ata o final da avenida Luis Cebreiro, fronte aos Castelos de Covas. Deste modo, o goberno local garante a conservación da iluminación dunha zona moi transitada no municipio, tanto por parte dos propios veciños e veciñas de Viveiro, como dos visitantes que gozan deste paseo marítimo.

Exit mobile version