A institución provincial repartirá 17.000 descontos nominativos entre os 67 municipios da provincia e que poden solicitarse dende hoxe ata o vindeiro 21 de xuño. Todos os veciños e veciñas empadroados en Viveiro, ou noutros municipios da provincia, maiores de 18 anos poden inscribirse na web: http://deputacionlugo.gal/temas/emprego/bonoimpulso
Así mesmo a institución provincial ten habilitado o teléfono 982260204 e o enderezo electrónico bonoimpulso@deputacionlugo.org para calquera dúbida que poida xurdir.
Os bonos poderán canxearse en calquera comercio, negocio de hostelería e servizos, agás compra de bebidas alcohólicas, tabaco e lotarías, e co prazo máximo ata o 31 de agosto de 2021.
Non obstante, a veciñanza de Viveiro deberá canxear o seu bono nos establecementos adheridos á iniciativa no municipio. Deste modo, garantízase o investimento nos negocios locais de Viveiro máis afectados pola pandemia do COVID-19.
Os bonos adxudicaranse por orde de solicitude, que pode presentarse mediante a sede electrónica ou nas oficinas de Rexistro.
A Deputación de Lugo pretende así mobilizar máis de 1’5 millóns de euros nos sectores máis afectados pola crise sanitaria, grazas ao efecto multiplicador dos descontos, é que repercutirán positivamente na economía de Viveiro.